Fase final para a Festa do Mar 2021 con navegación tradicional e música
Por Redacción
A Festa do Mar chega ao seu fin este sábado con máis sesións musicais e actividades para diferentes públicos.
Durante o venres, os espectadores puideron gozar do espectáculo clown para toda a familia en Raxó para, a partir das 22.00 horas, chegar a música a cargo da orquestra La Ocaband.
Durante este sábado 28, a Escola de Música Tradicional de Poio percorre as rúas de Raxó durante o mediodía e, ao longo da tarde, realizarase unha exhibición de embarcacións con navegación tradicional pola ría a partir das 17.00 horas.
Tamén os Quimatasasa realizarán actividades de animación musical, antes do inicio do espectáculo de música infantil Martiña Soñadora no peirao de Raxó.
As actividades da edición deste ano, marcada polas restricións sanitarias derivadas da pandemia, concluirán coa actuación da charanga Europa a partir das 21.00 horas.
Relacionadas:
-
París de Noia e El Combo Dominicano porán o broche de ouro ao verán en Poio
Por Redacción |
-
Efecto Pasillo fai vibrar a Raxó dentro da Festa do Mar
Por Redacción |
-
A Festa do Mar trasládase de Combarro a Raxó para a súa recta final
Por Redacción |
-
O Armadiña Rock máis íntimo despídese de Combarro, que segue de celebración coa Festa do Mar
Por Redacción |