Abre o prazo para solicitar un posto nos mercados de Portonovo e Vilalonga
Por Redacción
Os titulares dos postos dos mercados de Portonovo e Vilalonga dispoñerán de dous meses para renovar as súas autorizacións, do 1 de setembro ao 31 de outubro. O mesmo prazo é para os que estean interesados en contar cun posto en calquera dos dous mercados.
A renovación ou a solicitude, así como a presentación da documentación esixida na ordenanza de venda ambulante é obrigatoria: Impreso de solicitude ou renovación cuberto, certificación de Facenda no imposto de actividades económicas, xustificante de estar afiliado á Seguridade Social, carné manipulador de alimentos, copia do TC2 ou contrato de traballo no caso de ter traballadores e seguro de responsabilidade civil.
As solicitudes deberán formularse durante os meses de setembro e outubro de cada ano e serán resoltas durante os meses de novembro e decembro. Se a solicitude de iniciación non reunise os requisitos esixidos requirirase ao interesado para que, nun prazo de 10 días, emende a falta ou acompañe os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixese, teráselle por desistido da súa petición, previa resolución.
Para o caso de presentación de solicitudes e documentación esixida de maneira presencial deberán solicitar cita chamando previamente ao número de teléfono 986 720 075.
No caso de que queden postos sen adxudicar, poderá autorizarse a súa utilización por aqueles interesados que, cumprindo os requisitos establecidos, así o solicitasen con posterioridade ao referido prazo, atendendo as solicitudes segundo a súa orde de entrada no rexistro xeral do Concello de Sanxenxo.
A falta de pagamento dalgún recibo durante máis dun mes poderá ser causa de revogación da autorización.
Relacionadas:
-
As obras na Praza Pública de Vilalonga obrigan a trasladar o mercadillo
Por Redacción |
-
Os praceiros do mercado de Sanxenxo recolocaranse no local do antigo Eroski mentres duren as obras
Por Redacción |
-
Ultiman a adxudicación de 163 postos no mercadiño de Portonovo e cinco no de Vilalonga
Por Redacción |