Baixa a presión hospitalaria reducíndose a cifra de pacientes covid a 15 ingresados na área
Por Redacción
Nas últimas horas pasouse de 19 a 15 pacientes diagnosticados con covid-19 ingresados nos hospitais da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés.
Desta forma, este martes 31, a Consellería de Sanidade informa da presenza de 10 pacientes covid en planta de hospitalización: seis atópanse no Hospital Montecelo, tres no Hospital do Salnés e un no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez. Continúa, con todo, manténdose a cifra de cinco pacientes en situación grave na unidade de Coidados Críticos do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUS).
A área sanitaria continúa tamén a liña descendente de casos activos. Este martes rexístranse 557 positivos, 32 menos que o luns. Desta cifra, 542 enfermos recupéranse nos seus domicilios. No municipio de Pontevedra, o número de positivos é de 160, nove menos que o día 30.
Durante as últimas 24 horas realizáronse 493 probas PCR, co resultado de 10 novos casos positivos, dez menos ca onte pero tamén con menos probas realizadas.
Non se produciron novos decesos nas últimas horas, polo que a cifra de defuncións desde o inicio da pandemia sitúase en 201 persoas.
DATOS GALICIA
A Consellería de Sanidade comunicaba que hai un descenso de 253 casos activos en Galicia durante este último día de agosto, para que permanezan 8.022 enfermos na comunidade autonóma.
Por áreas sanitarias, o número de casos activos é o seguinte: A Coruña-Cee: 2.083 (-95); Lugo: 1.437 (-20); Vigo: 1.391 (-81); Santiago-O Barbanza: 1.317 (+11); Ourense: 672 (-15); Ferrol: 565 (-21); e Pontevedra-O Salnés: 557 (-32).
Detectáronse 269 novos positivos durante as últimas horas, 36 menos que na xornada do luns e 133 menos respecto a fai sete días.
224 persoas atópanse en planta de hospitalización en centros sanitarios de Galicia, 31 menos que hai 24 horas. A elas hai que sumar 55 pacientes que se atopan graves nas Unidades de Coidados Críticos, un máis que na xornada de onte.
O número de persoas curadas é de 167.038 persoas, 520 máis que o luns. A cifra de falecidos aumentou con dúas novas mortes, en Ourense e Lugo, comunicadas por Saúde Pública establecendo a cifra de decesos en Galicia en 2.566.
Relacionadas:
-
Descenso continuado do número de pacientes ingresados e casos activos na área sanitaria
Por Redacción |
-
Bueu, Poio e Sanxenxo, únicos concellos da área no nivel medio de restricións
Por Alejandro Espiño |
-
RADIO.- Covid-19 e plasma convalecente: "Non prexudica, nuns enfermos ten maior ou menor efecto, pero non causa maior trastorno"
Por Marisa Ciordia |
-
20 novos positivos detectados nas últimas 686 probas PCR realizadas na área sanitaria
Por Redacción |
-
Unha paciente procedente da Residencia Soremay, sétima vítima mortal da covid-19 en Montecelo en oito días
Por Redacción |
-
18 pacientes seguen ingresados con covid-19 na área sanitaria, cinco na UCI
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |