Conclúe a reparación da drenaxe do espazo arqueolóxico de Valentín García Escudero
Por Redacción
O espazo arqueolóxico de Valentín García Escudeiro volve mostrar a súa mellor cara, xa sen auga estancada.
Os traballos de emerxencia realizados no lugar para reparar a drenaxe, que deixara de funcionar, concluíron segundo informa o Concello de Pontevedra.
O goberno local aprobou a intervención o pasado 6 de setembro tras o aviso da empresa responsable do servizo de auga, Viaqua, alertando de que a escavación estaba parcialmente asolagada tanto pola auga da choiva como polas filtracións debido a un problema co sistema de drenaxe.
Os traballos aprobáronse nun procedemento de emerxencia ante a posibilidade de que a auga causase danos nos restos arqueolóxicos, ademais de supoñer a auga estancada un posible problema de salubridade.
A intervención coordinada pola concellería de Patrimonio Histórico foi realizada pola empresa Viaqua por un importe de 10.881,51 euros.