O Sergas inicia hoxe a vacinación contra a gripe que se prolongará ata o 20 de decembro
Por Oskar Viéitez
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A Consellería de Sanidade investiu 2,2 millóns de euros para a campaña de vacinación contra a gripe e o pneumococo, que empeza este luns 21 de outubro, e prolongarase ata o 20 de decembro.
Este ano farase especial fincapé na vacina ao persoal sanitario. Como sempre a vacina recoméndase tamén aos grupos de risco, entre os que se inclúen a mulleres embarazadas así como a enfermos cardiovasculares e con doenzas respiratorias.
Como principal obxectivo desta campaña, Sanidade fíxase reducir o número e a gravidade das complicacións derivadas de padecer a gripe e a morbimortalidad das enfermidades causadas polo pneumococo na poboación de Galicia.
A vacina da gripe supón un importante beneficio ao reducir a incidencia desta enfermidade, pero moi especialmente diminúe a frecuencia de complicacións secundarias e o risco de hospitalización e morte relacionados coa gripe en persoas maiores, con ou sen condicións médicas de risco, e naquelas con patoloxías previas.
BALANCE CAMPAÿA PROVINCIAL 2012
Segundo informou a xefa territorial de Sanidade, Ángeles Feijóo-Montenegro, na área de Xestión Integrada de Pontevedra-O Salnés administráronse na pasada campaña un total de 48.333 doses antigripais, das que 31.319 doses foron destinadas a maiores de 65 anos, acadando unha cobertura do 51,95%. En persoas de entre 60 e 64 anos, o número de doses administradas foi de 3.702 doses, cunha cobertura do 21,40%.
Con respecto da vacina antipneumocócica, na campaña do pasado ano na na área de Xestión Integrada de Pontevedra-O Salnés rexistráronse 2.305 doses, das que 385 foron para persoas de 65 anos, o que representa unha cobertura do 10,64%.
Na área de Xestión Integrada de Pontevedra-O Salnés, a cobertura do persoal sanitario dos seus centros de Atención Primaria -incluíndo ao persoal doutros centros sociosanitarios- foi dun 38,54%, mentres que nos centros de Atención Especializada foi do 17,26%.