Falece unha muller de 69 anos ingresada con covid-19 en Montecelo

Por Natalia Puga
Unha muller de 69 anos ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra faleceu este mércores 22 tras dar positivo en covid-19.
A muller tiña, segundo fontes oficiais do Sergas, patoloxías previas ao diagnóstico da enfermidade do coronavirus.
O seu falecemento eleva a 204 o número de pacientes falecidos por este virus na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. O anterior falecemento rexistrárase o pasado venres, 17 de setembro, un home de 82 anos tamén ingreasdo no CHOP e con patoloxías previas.
O último balance oficial da Consellería de Sanidade tan só recolle unha morte por covid-19 en Galicia este xoves. Trátase desta muller ingresada en Montecelo, aínda que a súa morte produciuse xa o mércores.
Este xoves 23 de setembro o balance oficial de Sanidade recolle sete pacientes ingresados con covid-19 na área sanitaria, cinco en planta de hospitalización do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e dous na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo.
En total, hai 113 casos activos de covid-19, 17 menos que no anterior balance, tras confirmar en 24 horas catro novos positivos. Aos pacientes ingresados hai que sumar 106 casos que evolucionan illados nos seus domicilios.
Desde o inicio do plan de continxencia da covid-19 curáronse 21.073 pacientes na área sanitaria.
Relacionadas:
-
Só un paciente na UCI entre os 108 casos activos por covid-19 na área sanitaria
Por Alejandro Espiño |
-
Balance covid a xoves 23 de setembro: 113 casos activos e dous pacientes na UCI
Por Redacción |
-
Os casos activos de covid seguen en descenso na área sanitaria con 130, nove menos
Por Diego Espiño |