Gonzalo Durán defenderá ante o Constitucional que os seus insultos a Carmela Silva son liberdade de expresión

Por Oskar Viéitez
O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, discrepa coa sentenza da sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra que ratifica a condena como autor responsable dun delito de falta de respecto e consideración debida á autoridade polas súas manifestacións contra a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva a quen se referiu de "chacha para todo".
O alcalde popular segue considerando que os seus insultos, de alto contido alto contido sexista e machista segundo a Xustiza, son "liberdade de expresión" e por iso sopesa recorrer ante o Tribunal Constitucional, presentando un recurso de amparo.
"Entendemos que a sentenza vulnera o dereito fundamental á liberdade de expresión de Gonzalo Durán, consagrado no artigo 20 da Constitución Española, por iso interpoñeremos este recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional", anunciaban este sábado desde o Concello de Vilanova de Arousa.
No caso de que o Constitucional tampouco lle da razón Durán está disposto a recorrer ante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos de Estrasburgo xa que "o dereito á liberdade de expresión está previsto e tutelado polos diversos tratados internacionais en materia de dereitos humanos, dos que é parte o Reino de España".
O alcalde vilanovés tamén descarta dimitir, tal e como lle piden desde o PSOE.
Relacionadas:
-
A Audiencia desestima o recurso de Gonzalo Durán contra a súa condena polos insultos a Carmela Silva
Por Redacción |
-
Regades responde a Feijóo: "Non se pode normalizar os insultos a unha muller"
Por Redacción |
-
Carmela Silva sente "profunda tristeza" porque Feijóo non a defende ante as declaracións machistas do alcalde de Vilanova
Por Oskar Viéitez |
-
Núñez Feijóo, tras a condena ao alcalde de Vilanova: "Se hai un partido que insulta e difama é o PSOE en Pontevedra"
Por Redacción |