Comezan os traballos de mellora na estrada de Gradín, en Ponte Caldelas
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas iniciou hoxe os traballos de asfaltado da estrada de Gradín, un vial que da acceso a este lugar de Ponte Caldelas e que mellorará notablemente as comunicacións para a veciñanza do lugar. A obra está a ser realizada pola empresa Asfalgal, que ten desplegada a maquinaria na estrada municipal para realizar unha pavimentación integral.
Nos últimos días realizouse a limpeza das marxes do vial e o correspondente fresado e agora aplicarase unha capa de aglomerado de 5cm de grosor, que garantice a durabilidade da capa de rodadura. Os traballos completaranse co pintado do vial con pintura reflexiva con microespefas de vidro.
O custe do proxecto ascende a 27.500 euros e será financiado con fondos da Xunta de Galicia (80%) e da Deputación de Pontevedra.