Unha comerciante da Oliva frustra un roubo encerrando unha muller na súa tenda
Por Natalia Puga
Mónica Muiños conseguiu este mércores frustrar un roubo na súa tenda de roupa para nenos das galerías da Oliva encerrando a suposta ladroa. "Me ayudó un chico que pasaba por allí y entre los dos le cerramos la puerta hasta que llegó la Policía. Menos mal", relata horas máis tarde, cando aínda non se recuperou do "mal rato" que pasou tanto polo intento de furto coma pola actitude da autora: "empezó a gritar que le abriese o se meaba dentro".
Aconteceu pouco antes das 12.00 horas. Estaba ás portas da súa tenda falando con outras comerciantes e a suposta ladroa "pasó por detrás y no me di cuenta de que entraba". Ao momento, unha clienta avisoulle "hay una gitana en tu tienda", entrou e encontrou unha muller dentro do probador. "Había cogido unas prendas, se metió en el probador y estaba cogiéndome la cartera del bolso", de modo que, coa axuda dun rapaz que pasaba naquel momento por diante da tenda "cerré la puerta y ahí se quedó".
A suposta ladroa "empezó a gritar para que la dejásemos salir y dijo que necesitaba ir al servicio y si no meaba dentro detrás del perchero", explican a dona desta tenda e outros comerciantes das galerías que presenciaron o acontecido.
"Empezó a gritar para que la dejásemos salir y dijo que necesitaba ir al servicio y si no meaba dentro detrás del perchero"
A pesar dos berros da suposta ladroa, nin se formulou abrirlle a porta porque "si le dejo salir luego era su palabra contra la mía, diría que no llevó nada". Desta forma, puido chamar a Policía Nacional e aos poucos minutos chegaron varias dotacións, que localizaron a muller dentro da tenda. Cacheárona e "le encontraron dos camisetas y una chaqueta y 260 euros de la cartera" que supostamente intentaba furtar da tenda de Mónica Muiños.
Grazas á intervención da propietaria, "todo quedó en un intento" e a suposta ladroa, con múltiples antecedentes policiais, foi identificada pola Policía Nacional por unha tentativa de furto. Segundo relatan os comerciantes da zona, "los policías ya la conocían, le llamaban Rosario". ÿ unha veciña do Vao que foi identificada en anteriores ocasións por furtos e roubos.
A comerciante non presentará denuncia polo sucedido, xa que o furto quedou en tentativa, aínda que pouco despois de que se fosen os policías descubriu que si que lle roubaron algo, "unos 60 euros en monedas".
IDENTIFICAN DOUS MENORES
Por outra parte, a Policía Nacional informou de que o martes identificaron dous menores e un home de 35 anos de idade, os tres veciños de Pontevedra, como presuntos autores de varios furtos en diferentes establecementos comerciais da cidade.
No caso das menores, sobre as 12.20 horas da mañá foron sorprendidas pola encargada dunha tenda cando intentaban levarse roupa. Chamou a Policía e os axentes comprobaron que levaban nas mochilas pezas procedentes de dous establecementos de roupa que presentaban danos provocados por arrancarlle o dispositivo de alarma: unha camisa de muller valorada en 29,95 euros, un vestido de 25,95, unha camisa de muller de 22,95, seis aneis e tres colgantes.
O segundo dos furtos produciuse pola tarde, sobre as 17.40 horas. Un repartidor deixou a furgoneta aberta no ámbito da praza da Ferrería e encontrou dentro un individuo. Escapouse, pero os axentes localizárono nas inmediacións. Levaba enriba unha bolsa con catro xogos de pendentes e un par de medias co logotipo dunha das tendas de Benito Corbal, valorados en 48.80 euros.