Jesús Gómez Viñas, medalla ao mérito profesional do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
Por Redacción
O actual director xeral de Mobilidade en Pontevedra, Jesús Gómez Viñas, vén de ser recoñecido coa medalla ao mérito profesional do ano 2021 concedida polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos.
Viñas, funcionario municipal desde o 2002, é o director xeral de Mobilidade desde o ano 2020, despois de exercer de enxeñeiro xefe da Oficina Técnica de Medio Ambiente e Infraestruturas.
O goberno municipal destaca que el foi unha das "pezas fundamentais" na transformación urbana de Pontevedra, no posicionamento internacional da cidade e no impulso de obras e proxectos de calidade no municipio pontevedrés.
Para avanzar nesta homenaxe, o Concello de Pontevedra organizará una recepción oficial a Jesús Gómez Viñas o vindeiro martes 2 de novembro, ás 19:00 horas, no Salón Vermello do Pazo de Mugartegui.