Novotec Consultores redactará o proxecto de mellora do bombeo de Cocheras
Por Oskar Viéitez
A Xunta adxudica a redacción do proxecto construtivo da mellora do bombeo de Cocheras, en Pontevedra, cuxas obras suporán un investimento autonómico de 3,7 millóns de euros.
Este contrato, adxudicado a Novotec Consultores, SA por preto de 94.000 euros, terá un prazo de execución de 6 meses.
O servizo adxudicado deberá definir un conxunto de infraestruturas hidráulicas na rede municipal para transportar desde Cocheras 1.600 litros/segundo cara á depuradora dos Praceres, en lugar dos 600 litros/segundo actuais.
A redacción do proxecto construtivo definirá novas conducións con capacidade para asumir o caudal na marxe da ría, estancas para evitar infiltracións, así como unha estrutura de desbaste para xestionar os sólidos grosos e que a auga residual que vai á depuradora chegue xa pretratada.
O obxectivo é iniciar este ano a redacción do proxecto construtivo e licitar as obras en 2022, cuxo investimento será achegado desde a Xunta, empregando tamén fondos europeos Feder 2014/2020.
Relacionadas:
-
Eliminado un punto de vertedura de augas residuais en Mourente
Por Redacción |
-
Augas de Galicia recibe 10 ofertas para a redacción do proxecto de mellora do bombeo de Cocheras
Por Redacción |
-
O novo emisario submarino da depuradora de Praceres estará listo en 12 meses
Por Manu Otero |
-
En maio comezarán as obras do novo emisario submarino
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta e o Concello de Pontevedra "reinician un proceso de colaboración" coa mellora do bombeo de Cocheras
Por Oskar Viéitez |