Investigan a desaparición dun mozo da Illa e a súa posible vinculación co narcotráfico
Por Redacción
As dúas unidades da Policía Nacional especializadas na loita contra o tráfico de drogas, Greco e Udyco, manteñen aberta unha investigación para aclarar a suposta desaparición dun mozo veciño da Illa de Arousa, duns 30 anos, e a súa posible relación co narcotráfico.
O Grupo de Resposta Especial para o Crime Organizado (Greco) e a Unidade de Droga e Crime Organizado (Udyco) investigan o ocorrido con varias hipóteses abertas.
A información adiantouna este mércores Diario de Pontevedra, que apunta a que o mozo desaparecido formaba parte da tripulación dun buque que cruzou o Atlántico cun gran alixo de droga con destino á costa galega.
Fuentes oficiais da Garda Civil confirman que a familia non presentou denuncia sobre a desaparición nin este Corpo está a investigar nada sobre este tema. Dado que o mozo é veciño da Illa, sería demarcación do instituto armado.
Con todo, fontes oficiais si confirmaron que a Policía Nacional investiga os feitos e que o resultado desa procura trasladarase á autoridade xudicial para que determine as dilixencias de investigación necesarias para determinar o ocorrido.
De momento, apenas existe información oficial sobre o ocorrido e o propio delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, referiuse ao asunto este mércores nun auto público indicando que prefire gardar o "silencio oportuno" ata que as forzas de seguridade conten con "información en profundidad".
"En el momento que tengamos información y se haga la investigación necesaria", explica, farase pública, pero, nestes momentos "la información que tenemos no es suficiente".
Relacionadas:
-
Once detidos e máis de 30 quilos de droga intervidos nunha operación en Pontevedra e A Coruña
Por Natalia Puga |
-
O Goberno vendeu 27 inmobles na provincia, confiscados por narcotráfico, por valor de 2 millóns de euros
Por Redacción |
-
A nai do mozo da Illa desaparecido por presunta relación co narcotráfico non o ve desde agosto
Por Redacción |