Os novos propietarios dos cines piden licenza de apertura coa intención de comezar antes do Nadal
Por Redacción
Durante este xoves 24, a sociedade "Exhibicións Cinematográficas Porto & Miguel S.L. " solicitaba licenza de apertura para os cines de Vialia. Esta mesma sociedade xa pedira, días atrás, a licenza express de obras menores que xa se informou favorablemente. Se trata de pintado, descombrado e pequenas actuacións nos locais de Vialia, entre elas a revisión eléctrica.
En relación coa solicitude de actividade, os técnicos municipais informaron o tenente de alcalde, Antón Louro, de que a actuación máis rápida se realizaría cun cambio de titularidade da licenza actual que pertencía aos anteriores propietarios dos cines, Ábaco Producciones. En todo caso, sinalan que pode tramitarse con axilidade porque se trata dunha apertura sobre unhas instalacións existentes e que van manter a mesma actividade.
Por este motivo, non se expoñerá ao público o expediente por período de 10 días, logo de publicación no Boletín da Provincia. Este trámite sería o que tería consumido máis tempo.
Agora o proceso centrarase en enviar o expediente á Consellería de Presidencia e Xustiza para que informe sobre o aforamento debido ás obras interiores que se acometen. Os trámites municipais, segundo informan fontes da consellería de Urbanismo, serán automáticos unha vez que reciba o informe de Presidencia.
Por este motivo, non se establece unha data concreta para conceder a apertura das salas.
Os propietarios da nova empresa que se encargará de explotar as salas de Vialia teñen previsto iniciar a actividade antes das festas de Nadal.
Relacionadas:
-
Pontevedra volverá ser 'de película' a partires deste sábado
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O cine, a piques de volver a Pontevedra; a reapertura das salas de Vialia é inminente
Por Alejandro Espiño |
-
Ábaco Cines despide o persoal dos cines de Vialia que descarta traballar nas novas salas
Por Anxo Lourido |
-
Os traballadores dos cines de Vialia denuncian que o novo propietario trata de "echarles basura encima" para non subrogalos
Por Anxo Lourido |
-
Os traballadores dos cines ameazan con denunciar a Galicine por despido improcedente se non os subroga
Por Redacción |