Carmela Silva chama en Fairway a "vivir un soño paso a paso" nos camiños que cruzan a provincia
Por Redacción
O Camiño en Pontevedra é "un soño que se vive paso a paso". A presidenta da Deputación, Carmela Silva, chamou este martes no foro Fairway sobre o Camiño de Santiago a visitar a provincia e percorrer as cinco rutas oficiais e os itinerarios culturais que a cruzan para cumprir ese soño e "vivir momentos e experiencias únicas".
Acompañada da artista viguesa Roma González e do presidente de Segittur, Enrique Martínez, evocou diante de alcaldes e alcaldesas e de representantes do sector turístico "as paisaxes, a luz, os sons e as atmosferas que ves e sentes cando percorres os camiños" que cruzan as Rías Baixas.
O presidente de Segittur, Enrique Martínez, eloxiou a beleza da provincia e resaltou os valores naturais e patrimoniais do camiño.
"Se hicieron muchísimas inversiones en restaurar y recuperar caminos y monumentos, y hay una acogida muy buena de la población local", expuxo, para resaltar o crecemento económico sostible que supón a actividade en torno ás rutas xacobeas e o seu alto valor de marca.