A nova liña eléctrica do polígono de Nantes estará en servizo a final de ano
Por Redacción
Máis dun millón de euros está a investir Unión Fenosa Distribución, a distribuidora eléctrica de Naturgy, na construción de dúas novas liñas eléctricas subterráneas de saída da subestación de Nantes, ao polígono industrial e a Portonovo.
Estes traballos, segundo a compañía, traballos permitirán mellorar a calidade da subministración eléctrica e dar respaldo ás liñas existentes na zona.
Está previsto que a saída da liña eléctrica ao polígono póñase en servizo antes de final de ano e a de Portonovo, en 2022.
Ademais, a distribuidora está a construír unha nova liña de media tensión subterránea de 390 metros entre Carabuxeira e Seixalvo para mellorar o servizo nesta zona.
Unión Fenosa Distribución traballa tamén na mellora da rede de distribución en Aios - Besadoiros, onde está a desenvolver unha nova liña de media tensión subterránea de 400 metros e un novo centro de transformación de 250 kVA.
A compañía, por outra banda, puxo en servizo a nova rede de baixa tensión subterránea de 500 metros para mellorar a calidade da subministración eléctrica aos veciños da Granxa.
A estas actuacións, engádense os máis de 150.000 euros destinados á construción dunha nova liña de media tensión subterránea de 635 metros e un novo centro de transformación de 160 kVA para mellorar a calidade da subministración aos clientes de Caticovas, en Meis.
A previsión é finalizar os traballos antes de final de ano.