RADIO.- Turismo gastronómico e sustentabilidade serán as dúas propostas que Pontevedra promocione en FITUR o próximo xaneiro
Por Redacción
Seis meses de funcionamento cumpre a marca Pontevedra Capital Gastro. Para falar da súa filosofía, percorrido nestes meses e as previsións que se manexan sentamos en PontevedraViva Radio á concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco e a Elena Vitoria, responsable de proxectos da consultora Carta Branca.
"Todo o que se faga ten que ser da cidade" expón a concelleira socialista e iso conleva colaboración, por iso é polo que están implicados a plataforma PonteLovers, o CIFP Carlos Oroza, o Campus de Pontevedra, asociacións empresariais e sectoriais, confrarías e praza de abastos. Todas estas partes están representadas na Mesa Gastronómica que vén ser "un consello de sabios" como coinciden Yoya e Elena; xa celebraron unha primeira reunión e espérase que antes de finalizar o ano volvan reunirse.
GastroLab, unha das iniciativas amparadas na marca promocional, é un proxecto de corte máis profesional que se presentará este decembro e irase desenvolvendo ata outubro de 2022. Consiste nunha aceleradora, incubadora de proxectos gastronómicos na que "terá cabida calquera clase de proxecto cunha base gatronómica, desde unha web de venda de peixe fresco ata un establecemento que venda vivalbos crus para o seu consumo ou un hotel gastronómico".
Pola súa banda, quen xa participaron dalgunhas propostas son as Bandas de Cociña, coas que se pretende poñer en valor aos profesionais que traballan na capital e que interaccionen entre eles xerando sinerxias en lugar de competencias.
E mirando ao 2022, a Concellería de Promoción Económica e Turismo traballa xa na súa participación en FITUR no mes de xaneiro, onde Pontevedra Capital Gastro será un dos dous eixos promocionais xunto ao turismo sostible, máximo tras a recente concesión de fondos Next Generation ao Plan Sustentabilidade Turística de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Un set de produtos con selo pontevedrés de Hifas da Terra para Pedro Sánchez en Fitur
Por Redacción |
-
'Non todo vai ser sufrir!': Así é o vídeo que Pontevedra leva a Fitur
Por Alejandro Espiño |
-
A Deputación non estará no stand de Galicia en Fitur despois dun novo "encontronazo" coa Xunta
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra viaxará a Fitur como potencia gastronómica
Por Manu Otero |
-
O Ministerio de Educación premia o proxecto de "Gastronomía Circular" do Carlos Oroza
Por Oskar Viéitez |
-
Gastro Lab preséntase como a aceleradora de proxectos que fará de Pontevedra unha capital gastronómica
Por Manu Otero |
-
Pontevedra priorizará a construción dunha vía verde ata Barro cos fondos Next Generation para o turismo
Por Manu Otero |
-
Máis de 10.000 visitantes degustaron 15.250 tapas servidas no Festival Gastronómico Mestizaxes
Por Redacción |
-
'O galo que comeu a navalla' de Sergio Roma (O Souto), vencedor da 'Batalla das Cunchas'
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O barrio da Moureira recibe o primeiro Premio Gastronómico "Loureiro de Ouro" da Festa das Cunchas
Por Redacción |
-
Primeiros pasos da marca Pontevedra Capital Gastro para converter a cidade en referente gastronómico
Por Redacción |