Unha persoa resulta ferida ao envorcar o seu vehículo en Tourón
Por Redacción
Unha persoa resultou ferida estes mércores e tivo que recibir asistencia sanitaria despois de sufrir un accidente na parroquia de Tourón, en Ponte Caldelas.
O centro de atención de emerxencias de Galicia 112 tivo o aviso pasadas as tres da tarde deste mércores a través dun particular e, segundo indicaron fontes deste servizo, o sinistro consistiu no envorco dun vehículo.
Por motivos que se descoñecen o vehículo saíuse da vía e envorcou, quedando na beiravía.
O condutor do turismo logrou saír do mesmo polos seus propios medios e, á chegada dos servizos de emerxencia, atopábase na vía, xa fóra do turismo.
O sinistro tivo lugar á altura do punto quilométrico 9 da estrada PO-531, que comunica Pontevedra con Ponte Caldelas. Foi xusto á altura do barrio de Santa Ana.
O 112 deu aviso aos servizos sanitarios, a Garda Civil de Tráfico, os bombeiros de Pontevedra e O Morrazo, a Policía Local e o servizo de mantemento de estradas.