Anuncian obras de fresado e asfaltado no Castañal a partir do 9 de decembro
Por Redacción
A zona do Castañal, en Pontevedra, será escenario tras o ponte da constitución de obras de fresado e asfaltado en varias das súas rúas.
Os traballos darán inicio o vindeiro xoves 9 de decembro e motivaron a elaboración dun plan especial de tráfico por parte da Policía Local.
En concreto, a partir das 15.00 horas do 9 de decembro, prohibirase o estacionamento e tamén a entrada e saída de garaxes nas rúas Mestre Soutullo, Castañal e Gaiteiro de Soutelo. Nestas rúas a saída e entrada a garaxes permitirase soamente entre as 19.00 horas da tarde e as 8.00 horas da mañá mentres duren as obras.
Pola súa banda en Faustino Santalices prohibirase o estacionamento pero si se permitirá a entrada e saída a garaxes.
O plan de tráfico da Policía Local prolongarase inicialmente ata as 19.00 horas do sábado 11 de decembro, prazo que pode ampliarse en función das necesidades das obras de asfaltado.