Paran un condutor nun control e detectan que dá positivo en drogas e leva 100 gramos de haxix no coche
Por Natalia Puga
A Policía Local de Pontevedra formulou o pasado 1 de decembro unha dobre denuncia contra un condutor que, tras paralo nun control dinámico de tráfico, detectaron que ía baixo o efecto da drogas e transportaba haxix no coche.
Segundo a información difundida pola Policía Local, o home foi denunciado por conducir baixo os efectos de estupefacientes e por tenencia de substancias de estupefacientes.
Pola primeira denuncia poderá ser multado cunha sanción de 1.000 euros e a proposta de retirada de 6 puntos do carné e pola segunda a multa vai de 601 a 30.000 euros.
O condutor foi sorprendido sobre as 21.30 horas do 1 de decembro nun control na avenida de Lugo. Unha patrulla deulle o alto para realizarlle unha proba aleatoria de consumo de alcol e drogas.
No momento de darlle o alto e solicitarlle a documentación, os policías detectaron que no interior do vehículo había un forte cheiro a unha substancia que lles parecía haxix ou marihuana, de modo que o someteron á proba de consumo de drogas.
O narcotest desvelou un resultado positivo en THC e cocaína.
Ademais, os axentes realizaron unha inspección no vehículo ante a actitude sospeitosa do condutor e atoparon un paquete de cor marrón oculta debaixo do volante. Unha vez analizado, resultou conter 100 gramos de haxix.