O PP pedirá un pleno extraordinario na Deputación para esixir a dimisión a Carmela Silva
Por Redacción
O portavoz do grupo provincial na Deputación, Jorge Cubela, anunciou a solicitude dun pleno extraordinario na Deputación para esixir a dimisión como presidenta de Carmela Silva, tras a ratificación da sentenza do Tribunal Supremo polo caso do enchufe da súa cuñada.
O deputado provincial Alfonso Marnotes afirmou que "aquí lo único claro es que era cuñada de Carmela Silva y por eso Carmela Silva tiene que dimitir. Por decencia democrática".
O PP denuncia que "son delitos gravísimos en los que el perjudicado es el Concello de Vigo, los vecinos de Vigo, por un fraude de 108.000 euros y son delitos que el Ayuntamiento no persiguió".
Por último, Alfonso Marnotes, engadiu que o Partido Popular quere que se dean explicacións no pleno da Deputación. "Carmela Silva y el gobierno de Vigo han estado mudos e inactivos. Pues que no cuenten ni con nuestra complicidad ni con nuestro silencio", sentenciou.
Á petición de dimisión sumouse tamén Vox. O seu presidente en Pontevedra, Álvaro Díaz-Mella, considera "urxente e inaprazable" a renuncia de Silva a todos os seus cargos públicos.
"Dimitir debería ser un verbo que para os cargos políticos elixidos, con nóminas a cargo dos impostos de todos os españois, sexa de obrigado cumprimento, en canto a súa sospeita de neglixencia ou delincuencia sexa demostrada", sinalou.