O PP pide a "posta a punto" da cafetería da Praza da Liberdade, en estado "calamitoso"
Por Redacción
A concelleira do Partido Popular de Pontevedra Silvia Junco rexistrou esta semana unha petición para que o Concello acometa unha "posta a punto da cafetería da Praza da Liberdade" ante o seu "avanzado estado de abandono"-
"Despois de tantos anos de deixamento do Goberno local, a situación deste recinto é calamitosa. Debemos actuar con inmediatez para a posta a piques dun espazo único na cidade", demandou Silvia Junco.
A través dun comunicado, a edil tamén lembrou que o estudo de viabilidade e o anteproxecto de reforma encargado polo Concello en 2018 xa recoñecía que a instalación presentaba deficiencias, de modo que "imaxínense se xa estaba mal por aquel entón como debe estar agora".
A concelleira pide ao Concello que, unha vez arranxadas as instalacións, volva poñer en marcha un novo contrato de explotación que non caia nos erros que detectan nos anteriores.
Así, considera que o contrato de explotación anterior "non se axustaba á realidade da hostalería". Entre outras cuestións, non está de acordo coa duración da concesión, que se fixaba en 15 anos. "Parécenos elevada, dado o sector do que falamos", sinala.
Junco pide ao Concello "dar un impulso para que esta cafetería sexa viable" e, para conseguilo, cre que debería "flexibilizar" o contrato de explotación que se propuxo a última vez e "adaptalo á realidade do sector".
A edil do PP lembra que no último proceso para a concesión da cafetería só unha empresa optou a reabrila e finalmente non cumpría cos requisitos e ve "significativo" que só unha entidade interesásese por esta instalación.
En definitiva, Junco urxiu ao Concello a "tomar cartas no asunto" e recuperar un espazo municipal que "ben merece unha oportunidade".
Relacionadas:
-
A cafetería da Praza da Liberdade será reformada para acoller un local social que xestionará a Federación Castelao
Por Oskar Viéitez |
-
A zona cero da praza da Liberdade segue a deteriorarse á espera da reapertura da súa cafetería
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Os bombeiros interveñen na praza da Liberdade debido a un pequeno escape de gas
Por Anxo Lourido |
-
O Concello prevé contratar unha empresa para xestionar a cafetería da Praza da Liberdade
Por Alejandro Espiño |