O Nadal estará pasado pola auga en Pontevedra
Por Redacción
As choivas non darán tregua nos próximos días. O nadal, polo menos o seu primeiro tramo, estará pasado por auga, segundo as previsións meteorolóxicas.
As festas arrancan este venres con alerta laranxa na costa pontevedresa polas intensas choivas e o forte vento que se espera para as próximas horas.
Meteogalicia apunta ademais que este día de Noiteboa haberá precipitacións localmente fortes e as temperaturas descenderán lixeiramente con respecto aos últimos días, situándose en máximas de apenas 18 graos nas horas centrais deste venres.
Para o sábado, día de Nadal, a pesar da leve melloría que parecerá chegar a media tarde, non nos libraremos das choivas e baixarán as temperaturas un par de graos.
Esta mesma tónica, aínda que con choivas aínda máis intensas, manterase o domingo.
Con respecto á próxima semana, o luns e o martes toda a comunidade galega seguirá baixo a influencia das borrascas e as choivas manteranse en toda a fachada atlántica.
Non será ata o mércores cando, coa chegada da altas presión, diremos adeus ás precipitacións e gozaremos dun tempo seco, con temperaturas en ascenso.