Vinte mil euros investirá Poio na posta a punto das dependencias de Protección Civil
Por Redacción
A sede de Protección Civil de Poio, situada no Centro da Reiboa, será obxecto dunha posta a punto na que o Concello prevé investir uns 20.000 euros.
As obras vainas a executar a empresa Construcciones y Fachadas García e centraranse na substitución das fiestras existentes na actualidade e no acondicionamento da fachada exterior.
Esta actuación lévase a cabo co obxectivo de poñer punto e final aos problemas de condensación, humidades e filtracións de auga que se rexistran durante os períodos de choiva.
Deste xeito, dotarase dun illamento que resultará "moi efectivo", segundo a edil de Seguridade Cidadá, Marga Caldas.
Este investimento súmase a outros realizados nos últimos tempos por parte da administración municipal, encamiñados a facilitar o labor "impagable e imprescindible" que levan a cabo os voluntarios de Protección Civil de xeito totalmente altruísta.
Así, a concelleira lembrou que se destinou unha partida para a dotación de uniformes e fixéronse xestións para adquirir unha 'pick up', adaptada para a realización de traballos específicos como a extinción de lumes.
Relacionadas:
-
Recoñecemento aos voluntarios de Protección Civil de Pontevedra, Poio e O Grove galardoados coas medallas ao mérito
Por Redacción |
-
Aprobadas modificacións no orzamento para mellorar o campo de fútbol da Reiboa e a sede de Protección Civil
Por Redacción |
-
A sede de Protección Civil deixará de ter filtracións de auga
Por Redacción |