O alumnado dos colexios de Pontevedra recibirá charlas sobre o coidado dos cans
Por Redacción
Membros do colectivo Os Palleiros, que xestiona a recollida de animais abandonados na vía pública e a súa alimentación e coidado no refuxio municipal de Campañó, porán en marcha este mes unhas charlas destinadas a sensibilizar e concienciar aos máis pequenos sobre as consecuencias do abandono de cans e a importancia dunha adopción responsable.
O primeiro dos talleres terá lugar o vindeiro venres 17 de xaneiro ás 10:00 horas no CEIP Plurilingüe San Benito de Lérez e contará coa participación de dous grupos de alumnos, un de 20 nenos de 4 anos e outro de 19 rapaces de 3º curso.
A actividade organizouse no marco do proxecto 'Bo cidadán canino, boa cidadá canina', impulsado polo concelleiro de Benestar Animal, Marcos Rey, e permitirá que o alumnado coñeza a que se dedica a asociación Os Palleiros, o seu xeito de traballar, as funcións que realiza, como poden colaborar co colectivo, os coidados esenciais que precisa un can, a quen se teñen que dirixir cando son testemuñas dun caso de maltrato.
"Por suposto, nas charlas se abordará a correcta educación das nosas mascotas, explicándolles aos rapaces que, ao igual que eles teñen os seus mestres, tamén hai mestres para cans. E como sempre acontece nestes obradoiros tan amenos, os nenos formulan preguntas moi interesantes e útiles en relación ao coidado e educación dos seus cans", sinala o edil socialista.
Rey avanza que Os Palleiros xa ten programada a súa seguinte charla sobre cans no CPR San José para o luns 24 de xaneiro.
Relacionadas:
-
Comeza o proxecto 'A horta escolar, espazo didáctico e comunitario' no CEIP San Benito de Lérez
-
O festival XiraCan convida os amantes dos animais para gozar dun sábado de xogos e aprendizaxe canino
Por Redacción |
-
Benestar Animal desenvolve obradoiros escolares para sensibilizar sobre a tenencia responsable de mascotas
Por Redacción |
-
Casa Verdún e Índigo entregan parte dos premios de escaparatismo a Os Palleiros e Difusión Felina
Por Redacción |
-
Cursos gratuítos para as persoas que adopten un can na protectora de Campañó
Por Redacción |
-
Ofensiva municipal para acabar coas 'cacas' de can en parques e rúas de Pontevedra
Por Redacción |
-
35.000 euros anuais para a xestión do refuxio de animais de Campañó
Por Redacción |