Unha familia adopta a "Poli", un can cego que foi rescatado cando estaba desnutrido e moribundo
Por Oskar Viéitez
A Policía Local de Poio informou este luns que unha familia de Valencia adoptou a "Poli", un can cego que fora rescatado cando estaba desnutrido e moribundo nunha lameira.
Aquel rescate tivo lugar o pasado mes de outubro, cando os axentes municipais recibiron o aviso dun veciño que informaba do estado do animal.
Cando os axentes acudiron, o can estaba no medio da lama e presentaba dificultades para camiñar. Ademais, estaba completamente desnutrido, cego e con diversas feridas. Tamén tiña un vulto debaixo da mandíbula.
O animal non tiña chip e foi trasladado de inmediato ao veterinario e logo á Canceira de Poio.
Agora a Policía Local comparte nas redes sociais "o gran labor desta asociación xa conseguiu unha familia adoptante" e ademais felicita "ás persoas que protexen aos animais e fanlles a vida máis fácil".
Relacionadas:
-
Detido en Poio un mozo reclamado por ameazas graves e desobediencia
Por Redacción |
-
O Centro de Acollida de Animais da Deputación rexistrou en 2021 a cifra récord de 660 adopcións
Por Oskar Viéitez |
-
Poio anima a esterilizar os gatos para evitar que aumenten as colonias felinas
Por Redacción |
-
Salvan un can moribundo nunha lameira en Poio
Por Redacción |