Toda a "cidade compacta" será zona de baixas emisións antes de 2023
Por Alejandro Espiño
Pontevedra adaptarase á nova lei de cambio climático creando unha zona de baixas emisións. É unha das opcións que figura neste texto normativo, que obriga ás cidades de máis de 50.000 habitantes a adoptar medidas para restrinxir o tráfico.
Así, o Goberno insta as cidades a limitar o acceso, circulación ou estacionamento de vehículos para mellorar a calidade do aire e reducir a emisión de gases de efecto invernadoiro.
Pero no caso da cidade do Lérez, o goberno municipal optou por converter a toda a "cidade compacta" nunha zona de baixas emisións, ao entender que limitala a unha área específica crearía "agravios" entre cidadáns, segundo o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.
Desta maneira, todo o núcleo urbano -incluídos os barrios de Monte Porreiro, Mollavao, A Parda e O Burgo- pasarán a ser zonas de baixas emisións. Ou máis claramente, todo o que non sexa unha das quince parroquias do rural que hai repartidas polo municipio.
Esta medida, que debe estar en vigor antes de 2023, está recollida no Plan de Movilidad Urbana Sostible (PMUS) cuxa redacción está a ultimar o Concello e que sairá a exposición pública, previsiblemente, a finais deste mes de febreiro.
"Hai pouco tempo", recoñeceu Fernández Lores, que explicou que Pontevedra optou por esta vía tras descartar as outras dúas posibilidades que recolle a lei: ou cobrar por entrar nestas zonas ou prohibir o acceso a vehículos sen distintivo ambiental ECO.
Na práctica supoñerá "seguir avanzando no modelo Pontevedra", aclarou o rexedor, e tomar medidas para reducir o tráfico na cidade aos "necesarios", eliminando toda a circulación de paso ou en continua procura de aparcamento.
Lores sinalou que o goberno municipal prefire que "toda a cidade teña as mesmas condicións", fomentando unha urbe "democrática, accesible, inclusiva e de alta calidade de vida", mantendo a configuración existente "e ir acadando novos obxectivos".
Estes obxectivos, defendeu o alcalde, estarán recollidos no PMUS, e supoñerán "reducir o tráfico nas zonas onde hai máis". Para iso, avogou por "mellorar a circunvalación" e as conexións coa cidade para que non entre na cidade todo ese tráfico de paso.
O alcalde defendeu que "isto é o que levamos facendo 22 anos" porque en Pontevedra "sabiamos o que ía a pasar e nos adiantamos", evitando que agora, como deben facer moitas cidades, haxa que adoptar medidas "de xeito traumático".
Relacionadas:
-
Pontevedra insiste en limitar máis o tráfico como vía para cumprir a lei de cambio climático
Por Redacción |
-
O Ministerio de Transportes ábrese a que a Lei de Cambio Climático recoñeza a eficacia do "modelo Pontevedra"
Por Redacción |
-
Lores falará coa ministra de Mobilidade das futuras zonas de baixas emisións
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra incrementou nun 24% os desprazamentos peonís e ciclistas na última década
Por Redacción |
-
Pontevedra conta con 1.953 prazas en aparcamentos disuasorios e 4.220 de pago
Por Diego Espiño |
-
O po sahariano tingue e enturba os ceos das Rías Baixas
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Pontevedra non solicitou fondos Next Generation en materia de mobilidade sostible
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra seguirá limitando o tráfico para crear zonas de baixas emisións
Por Alejandro Espiño |
-
"Reducir drasticamente o vehículo privado", receita de Lores en Madrid para mellorar as cidades
Por Redacción |