O cemiterio de San Amaro estreará en catro meses un edificio para cerimonias funerarias
Por Redacción
O goberno municipal reactivou o proxecto Voltar á terra, que quere converter o cemiterio de San Amaro nunha referencia en materia funeraria.
A primeira actuación será a creación do edificio de cerimonias funerarias destinado a distintos credos e mesmo a cerimonias laicas, o que converterá San Amaro nun dos primeiros cemiterios en contar cunha sala destas características.
As obras, que executará a empresa Acevi por 459.000 euros, comezarán en dúas semanas e actuarase sobre un espazo de 2.500 metros cadrados. Teñen un prazo de execución de catro meses.
O proxecto deseñado polo estudo arc+s Arquitectura contempla ademais unha gran pradaría para esparexer as cinzas e a instalación de columbarios e sepulturas para furnas funerarias nas que se poidan colocar placas en lembranza dos mortos.
Construiranse 312 columbarios de distinto tipo, tanto no chan como en estruturas verticais que conforman columnas, distribuídos do seguinte xeito: 88 de chan, 13 columnas de 4 columbarios, 20 columnas de 5 columbarios e 12 columnas de 6 columbarios.
A edificación disporá de tres obras artísticas: un conxunto escultórico da autoría do escultor e ceramista Daniel Caxigueiro, un mural da autoría da artista plástica Amelia Palacios e unha peza do escultor Jesús Valmaseda.
Relacionadas:
-
Buscas nicho nun cemiterio? En San Amaro, Lourizán e Ponte Sampaio hai 300 dispoñibles
Por Redacción |
-
Pontevedra ultima un proxecto para reformar San Amaro de xeito integral
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra mellora as prestacións dos cemiterios municipais cun plan de posta a punto
Por Redacción |
-
A crise de Acevi obriga a reformular tres obras en Pontevedra, entre elas a do Teatro Principal
Por Alejandro Espiño |
-
"Carpetazo final" ao crematorio proxectado en San Amaro
Por Alejandro Espiño |
-
Os cemiterios municipais prepáranse para o día de Todos os Santos
Por Redacción |
-
A empresa Acevi porá en marcha o proxecto Voltar á terra, que revolucionará o cemiterio de San Amaro
Por Redacción |