Greenpeace pide desde a Illa de Cortegada un Tratado Global dos Océanos
Por Redacción
Un grupo de persoas voluntarias do colectivo Greenpeace viaxaban este sábado á Illa de Cortegada, como espazo representante do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Alí despregaron varias pancartas para alertar sobre a crise que sofren os océanos no planeta.
A agrupación fai un chamamento social alertando de que o tempo se esgota para os océanos e piden medidas para parar esta situación. Esta actividade realizouse tamén noutras vinte localidades do Estado.
Piden ao Goberno do Estado que se implique de forma proactiva na reunión de marzo nas Nacións Unidas para tratar esta emerxencia ambiental.
Os integrantes tamén recollían firmas en Vilagarcía de Arousa para demandar un Tratado Global que protexa o 30% da superficie de océanos no planeta en 2030. Nesta proposta participan países de todo o planeta e as firmas presentaranse ante a Organización das Nacións Unidas para impulsar negociacións para poñer en marcha o Tratado.
Indican que se están esquilmando os recursos dos océanos, ata o punto de que en máis da metade dos mares realízanse actividades pesqueiras e un 59,9% das poboacións de especies mariñas están explotadas ata o seu máximo rendemento sostible.
Ao mesmo tempo, nesta xornada o Arctic Sunrise, buque rompehielos de Greenpeace, suca as augas antárticas para constatar os efectos do cambios neste territorio onde as colonias de pingüíns reducíronse ata nun 77% nos últimos 50 anos.