Ponte Caldelas envórcase co asfaltado en núcleos do rural
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas continúa co paquete de asfaltados de viais municipais que están a supoñer a mellora de camiños de acceso a varias vivendas nos lugares de A Insua, Baltar, Chaín e A Sorreira.
A empresa adxudicataria das obras, Asfalgal Técnicas Viarias SL, completou xa a maior parte dos traballos nestes lugares onde se aplicou unha nova capa de rodadura de aglomerado asfáltico de 5 centímetros de grosor. As obras tamén conlevan a recolocación de todas as tapas de rexistro, das reixas e a instalación de barandas en aqueles puntos que o precisen dado o desnivel do terreo.
Nos últimos días tamén se realizou a mellora do acceso a unha vivenda en Barbudo, que precisou da reparación do muro de contención dun vial municipal.
Mellorar as comunicacións no rural de Ponte Caldelas é unha prioridade para o Goberno pontecaldelán, máis nun momento no que o rural está en auxe, din desde o Concello. O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz,explica que o traballo de dinamización que se está a facer neste municipio desde hai seis anos dá os froitos agardados.
“Ponte Caldelas é un concello vivo e dinámico onde as persoas queren vivir porque aínda sendo un concello rural dispoñen de todas as comodidades dunha cidade e están perfectamente comunicados con Vigo e Pontevedra”, remata o rexedor.
Relacionadas:
-
Ensanchan a estrada de acceso á igrexa parroquial da Insua, en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas prevé un investimento no rural de 1,2 millóns de euros ao longo de 2022
Por Redacción |
-
O Rallye Rías Baixas contará cun tramo en Ponte Caldelas na súa edición de 2022
Por Redacción |
-
Os socialistas acusan á Xunta de "menosprezar aos pontevedreses" cunhas estradas autonómicas "de vergoña"
Por Redacción |
-
Obras de mellora da PO-225 ao seu paso polo centro de Ponte Caldelas
Por Redacción |