Rexuvenece o teu rostro e prepárao para recibir a primavera
O rexuvenecemento facial é un dos tratamentos médico-estéticos que ofrece resultados máis visibles no rostro de homes e mulleres sen cirurxía. Por iso, se xa tes previsto un evento familiar para esta primavera agora é o momento de iniciar o tratamento.
Existen múltiples opcións, e unha das técnicas que ofrece resultados naturais e moi harmoniosos é o IPL ou tratamento de luz pulsada. A Unidade de Medicina Estética do Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez conta coa tecnoloxía láser máis avanzada para realizar procedementos médico estéticos de láser e luz pulsada, a ETHEREA-MX®.
É unha técnica moi versátil e non invasiva, que permite restaurar o aspecto xuvenil da pel e axuda a combater os efectos do envellecemento. Na maioría dos casos utilízase sobre o rostro xa que mellora certas imperfeccións causadas, sobre todo, polos raios do sol. Tamén é un aliado no tratamento de problemas como a acne, os capilares rotos ou o cambio de textura no coláxeno.
Recupera luminosidade tras o uso da máscara
Moitas persoas ao quitarse a máscara atopan a pel máis apagada, co IPL pódese conseguir o plus de luminosidade que se bota en falta.
A doutora Virginia Archanco do Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez leva anos aplicando este tratamento no rostro tanto de homes como de mulleres, "a enerxía da luz permite mellorar paulatinamente a textura e tonalidade, eliminando poros dilatados, lanuxe, murnas, manchas e as pequenas engurras nas capas máis profundas da pel".
O tratamento debe iniciarse cun diagnóstico personalizado, "só cunha detida análise poderemos atopar o tratamento específico que cada persoa necesita para o seu tipo de pel e estilo de vida", sinala a doutora Archanco.
Imos resolver algunhas preguntas máis frecuentes:
Cantas sesións son necesarias?
Unha das preguntas máis frecuentes é o número de sesións que son necesarias para notar os primeiros resultados. Neste sentido, a experiencia demostra que, cada caso é diferente. Aínda que existe un denominador común, en xeral a resposta das manchas solares é máis rápida que a das lesións vasculares.
Aínda que o efecto xa se ve desde a primeira sesión e é acumulativo, en xeral, adoita facer falta unha media de entre 3 a 5 sesións para conseguir un resultado óptimo.
Cando realizar este tratamento?
Os meses de outono e inverno son os máis adecuados para realizar este tratamento no rostro. A recomendación é que, tras o diagnóstico, se planifiquen a continuación as sesións de maneira espazada e consecutiva.
Pódese realizar este tratamento con ácido hialurónico ou toxina botulínica?
Son tratamentos cuxos obxectivos son distintos e complementarios. Convén espazar ao redor dunha semana o tratamento inxectable do IPL.
Ten efectos secundarios?
O tratamento con IPL pode ter algúns efectos secundarios leves como murnas na pel, maior sensibilidade ou proídos. Por iso, despois de cada tratamento establécense unhas pautas de coidados e hábitos de vida saudables.
Que coidados hai que realizar despois do tratamento?
Recomendamos ser prudentes coa exposición ao sol: evitar tomar o sol mentres dura o tratamento e usar protección alta. É moi importante tamén ter uns hábitos de vida saudables, por exemplo, está demostrado que o tabaco e o alcol son inimigos dunha boa saúde na pel.
Tecnoloxía de vangarda
No hospital Quirónsalud Miguel Domínguez contamos coa tecnoloxía láser máis avanzada para realizar todos de procedementos para a medicina estética baseados en láser e luz pulsada, a ETHEREA-MX®. Unha tecnoloxía que ofrece múltiples aplicacións nun único sistema.
- Fotorexuvenecemento
- Pigmentacións
- Eliminación de lesións vasculares
- Depilación
- Melasma
- Tratamento de acne
Pide cita sen compromiso. Teléfono: 680 629 500
Asesora de privados: maria.carballoc@quironsalud.es
Información sobre as técnicas e tratamentos que desenvolve a Unidade de Medicina Estética: www.quironsalud.es/migueldominguez/es/cartera-servicios/unidad-medicina-estetica/tecnicas
Relacionadas:
-
Luce un rostro máis novo en primavera
Por Noticia patrocinada |
-
Como escintilar en Nadal cunha pel rexuvenecida?
Por Noticia patrocinada |
-
Deter o reloxo da túa pel é posible seguindo estes consellos expertos
Por Noticia patrocinada |
-
Terapia de ondas de choque, unha solución non invasiva para o dor músculo-esquelético cun 80% de efectividade
Por Noticia patrocinada |
-
A solución médica e segura para quitarse o 'flotador'
Por Noticia patrocinada |
-
Quirónsalud crea en Pontevedra unha unidade de coloproctoloxía para previr enfermidades de colon e recto
Por Redacción |
-
Deter o reloxo, consellos para un cambio de imaxe
Por Noticia patrocinada |
-
Quirónsalud incorpora á Doutora Virginia Archanco e pon en marcha unha Unidade de Medicina Estética
Por Redacción |