Rogelio Franco, peruano residente en Pontevedra, primeiro falecido identificado do Villa de Pitanxo
Por Natalia Puga & Alejandro Espiño
Tras a chegada a terra dos dous primeiros falecidos do naufraxio do Villa de Pitanxo, que foron trasladados polo buque canadense Nexus, as autoridades confirmaron a identidade do primeiro dos nove mariñeiros falecidos.
Trátase de Rogelio Franco Damazo Cueva, un peruano de 56 anos que residía en Pontevedra. Era o axudante de cociña do buque sinistrado. Así o confirmou este venres unha persoa moi próxima a el, Kevin Acuña, fillo da actual parella de Rogelio.
O seu corpo será repatriado ao seu país natal, por expreso desexo do falecido, que sempre lles dixo aos seus achegados que se lle pasaba algo lle gustaría ser enterrado en Perú. Alí viven os seus tres fillos.
A intención dos familiares é que xa vaia a terras peruanas directamente desde Terranova.
Para este mariñeiro, fincado na cidade do Lérez desde hai dez anos, non era a súa primeira marea no Villa de Pitanxo, segundo explica a súa familia, para quen a confirmación de que el era un dos seus falecidos dálles certa tranquilidade, ao poder darlle sepultura.
Kevin Acuña explicou a PontevedraViva que este venres acudiron á sede da compañía armadora, Pesquerías Nores, e comunicáronllo en persoa. Dixéronlle que era un dos corpos que este venres pola mañá chegou a Terranova.
Tras recibir a noticia, os seus achegados están "tristes", pero "a la vez un poco más tranquilos al saber que ya encontraron el cuerpo". Agora, destacan ,"sabemos que va poder descansar tranquilo".
Relacionadas:
-
Finaliza a identificación en Canadá dos nove mariñeiros falecidos tras o afundimento do Villa de Pitanxo
Por Oskar Viéitez |
-
As familias da tripulación do Villa de Pitanxo mobilízanse para que siga a procura
Por Cristina Saiz & Oskar Viéitez |
-
O Goberno fretará un avión para repatriar aos mortos e sobreviventes do naufraxio do Villa de Pitanxo
Por Oskar Viéitez |
-
A armadora, "plenamente envorcada" en asistir aos sobreviventes e xestionar as repatriacións
Por Alejandro Espiño |
-
Crece a "angustia" entre as familias do Villa de Pitanxo tras unha reunión "sen compromisos" co Goberno
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Loito oficial en España o próximo 21 de febreiro polo naufraxio do Villa de Pitanxo
Por Redacción |