A Boa Vila e Terras de Pontevedra incorpóranse á Rede de Destinos Turísticos Intelixentes
Por Redacción
A incorporación de catro novos destinos da provincia de Pontevedra foi aprobada este luns pola Comisión Executiva da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes (RDTI).
A Deputación de Pontevedra é a única institución galega integrada na executiva desta rede estatal promovida pola Secretaría de Estado de Turismo.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, valorou positivamente as adhesións dos concellos de Pontevedra e Oia e das mancomunidades Terras de Pontevedra (Pontevedra, Marín, Poio, Cerdedo-Cotobade, Ponte Caldelas, Vilaboa, Campo Lameiro, Barro e A Lama) e do Morrazo (Bueu, Cangas e Moaña), como un reforzo ás políticas turísticas pioneiras a prol do "modelo DTI" que se veñen desenvolvendo xa a escala provincial.
Outro dos acordos adoptados durante a executiva da rede celebrada este luns foi o de non aceptar novas incorporacións ata que se desenvolvan os procesos de avaliación e calidade pendentes. A partir de agora, a rede tomarase un tempo para garantir que tódolos destinos adheridos avanzan no proceso e, ademais, impón un tope máximo de dous anos para os que aínda non o teñan iniciado.
Os destinos turísticos intelixentes, de acordo co Plan Nacional Integral de Turismo 2021-25, son aqueles que apostan pola innovación, as infraestruturas tecnolóxicas de vangarda, garantindo a sostibilidade, a accesibilidade e a alta calidade de vida tanto para as persoas visitantes como para as persoas residentes.
Todo iso resulta monitorizado a través da metodoloxía estandarizada por Segittur, de xeito que é necesario cumprir un mínimo dun 80% os estándares fixados.
Relacionadas:
-
A Deputación colaborará con Segittur para promover o modelo de Destino Turístico Intelixente
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación destinará 220.000 euros para continuar profesionalizando as oficinas de Turismo Rías Baixas
Por Redacción |
-
A Deputación presenta a Gala Love Rías Baixas, un espectáculo televisivo para presumir do sector turístico
Por Oskar Viéitez |
-
Carmela Silva ofrece a provincia como "plató de cine" para reactivar a economía dos concellos
Por María José Pita |
-
A Deputación abordará nunha xornada os "retos máis importantes do turismo: sostibilidade e dixitalización"
Por Oskar Viéitez |
-
O Plan Xacobeo destinará 5 millóns a reformar o convento de San Francisco e o mosteiro de Lérez
Por Redacción |