Marín prepárase para repartir máis de mil racións de bolo do pote
Por Redacción
A XVIII edición do Bolo do Pote celebrarase este domingo 6 de marzo ao mediodía, coincidindo coa Andaina dos Montes e Praias.
A concelleira de Cultura de Marín, Beatriz Rodríguez, xunto cos representantes de Pousos da Area, presentou os detalles desta festa gastronómica.
A organización prevé a degustación de máis de 1.000 racións deste prato típico da cociña popular galega, elaborado con fariña de millo mollada en caldo e que se acompaña no prato con chourizo e orella.
A repartición das racións será na Alameda Rosalía de Castro no centro urbano de Marín e comezará a partir das 12.00 horas.
No caso de mal tempo, desde o Concello avanzan que o evento trasladarase ao espazo interior do Multiusos da Praza de Abastos.