Cinco orquestras, entre elas París de Noia e Satélites, animarán as Festas de San Xosé de Cantodarea
Por Redacción
A comisión de festas de Cantodarea xa está a traballar nas Festas de San Xosé, que este ano se celebrarán entre o 29 de abril e o 1 de maio.
As orquestras que virán amenizar as festas son Assia, America, Satélites, París de Noia e Claxxon, segundo confirmaron os organizadores, que impulsarán nos próximos días a campaña para recadar fondos entre a veciñanza.
Tras dous anos sen festa -ou de xeito descafeinado- pola pandemia, a comisión quere realizar un gran despregue para a ocasión.
Así, o Concello de Marín sufragará tamén os gastos doutros grupos que se vaian contratando para o resto dos días.
O obxectivo é poder desfrutar destas festas case con plena normalidade, aínda que sempre adoptando as medidas que nese momento poidan estar vixentes.