O persoal da Policía Local de Sanxenxo reforzarase este verán con 34 auxiliares
Por Redacción
Sanxenxo continúa cos preparativos dos servizos para a tempada de verán cando a poboación increméntase exponencialmente. E é precisamente a Policía Local un dos departamentos que rexistra un maior reforzo de persoal.
O persoal actual está formado por 23 axentes, 8 deles actualmente de baixa, aos que se sumarán antes de Semana Santa catro novos auxiliares e en xuño chegará o reforzo de 30 máis que sairán da convocatoria da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp).
O proceso selectivo que se realiza de forma centralizada na Agasp abriuse este venres 18 e concluirá o 31 de marzo. As probas incluirán un cuestionario tipo test, probas de aptitude física, e tamén deberá acreditarse o coñecemento da lingua galega ou realizar a correspondente proba de avaliación lingüística.
As solicitudes deberán presentarse preferentemente por sede electrónica da Xunta a través do formulario. Poderán inscribirse aspirantes que cumprisen xa os 18 anos, teñan título de graduado en ESO ou equivalente, e unha estatura mínima de 1,60 metros, no caso das mulleres, e 1,65, no caso dos homes.
Máis adiante, publicarase no DOG a listaxe de persoas admitidas e excluídas, e na páxina web da Agasp, as datas das probas selectivas e o resto das comunicacións relacionadas con este proceso.
Relacionadas:
-
618 persoas aspiran aos 129 postos de auxiliares de Policía Local ofertados este verán para as poboacións turísticas
Por Diana Eiras & Anxo Lourido |
-
A Policía Local de Sanxenxo aborda como mellorar a súa atención en violencia de xénero
Por Redacción |
-
Sanxenxo reforza o seu plantel con 42 novos traballadores
Por Redacción |
-
O Concello venderá gorras, bolsos e toallas coa marca "Sanxenxo"
Por Redacción |
-
Nauta Sanxenxo crea unha bolsa de emprego para reforzar o seo persoal
Por Redacción |
-
As Anpas de Sanxenxo coñecen o Plan de Conciliación municipal para este verán
Por Redacción |
-
Agra, Areas, Bascuas, Canelas, Montalvo, Pragueira e Paxariñas súmanse ás "praias sen fume" de Sanxenxo
Por Redacción |