A Festa do Petote colga o cartel de 'completo' no seu regreso post covid-19
Por Redacción
Éxito e cheo absoluto. Esa é a valoración que fai o Concello de Cerdedo-Cotobade da volta á normalidade da Festa do Petote. O evento recuperou a normalidade despois do parón derivado da pandemia da covid-19 e este domingo 20 de marzo volveu á Praza da Chan e a 12 establecementos do municipio. Nas dúas localizacións, logrou encher.
O alcalde, Jorge Cubela, valorou moi positivamente a recuperación da festa e amosou a súa "satisfacción por ver como a xente se animou" a participar no evento.
Segundo sinalan desde o Concello, a festa "cumpriu sobradamente obxectivos" ao encher por completo os 12 establecementos hostaleiros participantes e conseguir encher a carpa de degustación instalada na Praza da Chan de Carballedo.
A XII Festa do Petote comezou coa animación de rúa a cargo da charanga Mekanika Rolling Band, que foi parando diante dos establecementos onde se concentraba a xente para tomar algo a modo de aperitivo antes de comezar a degustación gratuíta de petote con chourizos ofrecida polo Concello de Cerdedo-Cotobade.
Despois da música e o aperitivo, o público achegouse ata os doce restaurantes colaboradores para degustar un menú pechado de cocido de Entroido con petote, bebida e postre a un prezo de 20 euros por persoa.
Jorge Cubela acudiu á degustación gratuíta acompañado polos tenentes de alcalde Fernando Vázquez e Lourdes Ovelleiro, o concelleiro Bruno Portela e membros da Corporación Municipal e sinalou que a festa "respondeu sobradamente ás expectativas que tiñamos" como xeito de ir recuperando a normalidade e as tradicionais festas gastronómicas.
Ademais, logrouse responder á demanda da veciñanza de volver divertirse e recuperar a súa vida social con seguridade e conseguiuse dinamizar economicamente o sector hostaleiro local, "moi castigado durante este duro período de restricións pola pandemia da covid-19" e que con este tipo de actividades "volve coller folgos".
Relacionadas:
-
A Festa do Petote cumpre "sobradamente" cos seus obxectivos e enche Cerdedo-Cotobade de "seguidores incondicionais"
Por Redacción |
-
Prevista a instalación dunha carpa xigante na Festa do Petote ante a previsión de chuvia
-
Corredoira ultima os detalles para celebrar a súa Festa do Requeixo
Por Redacción |
-
O Concello de Cerdedo-Cotobade aproba un orzamento municipal de 4,3 millóns
Por Oskar Viéitez |
-
A Festa do Petote quenta motores con máis de medio milleiro de reservas feitas
Por Redacción |
-
Gran resposta da hostalería local para afianzar a festa do Petote
Por Redacción |