Tres persoas feridas en dous accidentes de tráfico en Ardán e Pardavila
Por Redacción
Tres persoas resultaron feridas en dous accidentes de tráfico que ocorreron no término municipal de Marín, concretamente en Ardán e Pardavila.
O primeiro suceso tivo lugar na saída da variante, preto da rotonda de Ardán. Como consecuencia da choiva o condutor dun turismo perdeu o control do seu vehículo que acabou estrelándose contra unha das medianas de cemento.
O home tivo que ser trasladado en ambulancia para a súa atención nun centro hospitalario.
O segundo sinistro foi unha colisión entre dous vehículos ás oito da tarde no lugar de Pardavila, na parroquia de San Xulián. Os servizos sanitarios do 061 atenderon a unha condutora.