Os empresarios de Barro reciben 7.000 euros para dinamizar o sector

Por Redacción
O Concello de Barro e AsemBarro, a asociación de empresarios que naceu na vila, asinaron o seu primeiro convenio de colaboración para impulsar campañas de dinamización do sector comercial e empresarial do municipio, nas que se investirán 7.000 euros.
O obxectivo deste convenio, que rubricaron o alcalde Xosé Manuel Fernández Abraldes e o presidente desta asociación, Jesús Moreira, é levar a cabo campañas de fomento do comercio e da hostalería, a celebración de feiras multisectoriais e outro tipo de eventos.
O goberno municipal quixo trasladarlles aos representantes de AsemBarro todo o seu apoio e compromiso na consecución dos retos compartidos que se recollen neste convenio.
Tamén se fixo fincapé na necesidade de que o comercio de proximidade é base para crear unha economía de quilómetro cero que permita dispor de produtos e servizos sen ter que desprazarse a outros lugares da comarca.
Este convenio, destacou Fernández Abraldes, "é indicativo da importancia que ten apostar por afianzar o noso tecido empresarial e favorecer a creación de novos negocios na localidade".
Relacionadas:
-
Concello e AsemBarro renovan o convenio de colaboración
Por Redacción |
-
Barro reparte 96 vales de compra por valor de 1.500 euros na primeira campaña realizada entre o Concello e comerciantes
Por Redacción |
-
Barro xa ten a súa propia asociación de empresarios
Por Redacción |
-
Nace a Asociación de Empresarios, Comerciantes e Hostaleiros de Barro para unir esforzos contra a crise
Por Andrea Sánchez Barreno |