Enésima avaría na rede de abastecemento de auga da Caeira
Por Oskar Viéitez
As tubaxes municipais da rede de abastecemento de auga do Concello de Poio volveron a romper na Caeira. A Comisión de Urbanismo abordou esta nova avaría localizada na rúa Río Miño.
Segundo o portavoz do grupo municipal do Partido Popular, entre as rúas "en Río Miño e San Antoniño levan máis de 17 rupturas, inundacións de baixos, corte de servizo, falta de presión no subministro de auga".
Por todo iso, os populares entenden que é unha "falta de respecto por parte do tripartito afirmar que todo está ben e que non existen problemas" na Caeira con este servizo.
O PP entende que esta nova incidencia "dá a razón" ás denuncias feitas por este partido.
Neste sentido, o PP lembra que cando presentaron unha moción ao Pleno municipal solicitando a reposición total dos servizos de Río Miño "o Tripartito votou en contra xustificando que era problemas puntuais".
Moldes destacou que se trata dun problema que se repite "de xeito sistemático" e que afecta a máis de mil veciños en varios lugares de Poio como Boavista, a Avenida de San Xoán, a Seara ou Lourido, ao que engade a "falta absoluta de auga e saneamento en núcleos como Fragamoreira ou Vilariño".
Relacionadas:
-
O PP de Poio reclama ao Concello un "plan integral" para solucionar os problemas coa auga na Caeira
Por Oskar Viéitez |
-
O PP pide a intercesión da Valedora do Pobo ante os problemas coa auga na Caeira e Boavista
Por Oskar Viéitez |
-
Moción do PP para pedir explicacións sobre as "avarías constantes" na rede de augas da Caeira
Por Redacción |
-
O PP de Poio denuncia cinco novas roturas de tuberías en 400 metros na Seara
Por Oskar Viéitez |
-
Malestar veciñal na Caeira por problemas recorrentes no abastecemento de auga
Por Manu Otero |