Intervención en Michelena ante o perigo de caída dunha tubaxe
Por Redacción
Dúas dotacións do Parque municipal de Bombeiros e unha patrulla da Policía Local desprazábanse durante a tarde deste luns á rúa Michelena ante o perigo dun desprendemento sobre a vía dunha tubaxe na contorna do edificio número 24 desta céntrica rúa.
Un veciño, desde o edificio que se encontra enfronte, comprobaba o mal estado do cano e, ante o temor de que puidera caer causando danos aos viandantes, chamou á Policía local pasadas as 16.00 horas.
Os axentes puxéronse en contacto coa comunidade propietaria do inmoble para infromala da situación e adoptase medidas para solventar o problema, segundo indicaron fontes da Policía Local.
Ata o lugar tamén se desprazaban os Bombeiros para facer unha revisión da instalación e evitar unha accidental caída do elemento de recollida de augas.
A presenza das dotacións municipais provocou a expectación das numerosas persoas que nese momento transitaban polo centro da cidade.