Un "think tank" en igualdade, proposta do PP na busca de máis oportunidades para as mulleres
Por Redacción
O presidente en funcións do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, anunciou que constituirá unha comisión de igualdade, un grupo de traballo centrado no emprego feminino e as oportunidades das mulleres.
Nunha rolda de prensa celebrada este venres, Domínguez presentou esta iniciativa como a primeira das novidades incluídas na súa candidatura para presidir de novo a formación local despois do XIII congreso do PP pontevedrés.
Este grupo de traballo estará dedicado "a la búsqueda de propuestas en pro de la igualdad" explicou. Será un "think tank" pensado "para trabajar y conseguir mejoras para todas".
Na presentación, Domínguez estivo acompañado dalgunhas das persoas que formarán parte deste equipo que presidirá el mesmo: a vicepresidenta segunda do Congreso dos Deputados, Ana Pastor; a senadora Pilar Rojo; a deputada provincial, Pepa Pardo e a concelleira Silvia Junco.
Domínguez indicou que "se trata de un grupo abierto" a quen queira participar e que "no hace falta ser afiliado a este partido, simplemente estar a favor de la igualdad real".
Na comparecencia, Ana Pastor indicou que en Pontevedra "partimos de unos datos de paro en la ciudad realmente malos: 7.581 personas están en paro, de las cuales 4.394 son mujeres" e ademáis asegurou que "somos la segunda ciudad de Galicia con la tasa de ocupación más baja".
Pastor engadiu que a conciliación é outro dos problemas que o grupo pretende tratar e ademais fixo fincapé no seguimento que tamén farán da muller rural, "muchas veces con todavía menos oportunidades".
Son moitas, para os populares, as cousas que se teñen que poñer en marcha, entre elas incentivos para a contratación de mulleres, pero tamén para o teletraballo, para a flexibilización da vida laboral e para a reforma horaria. "Queremos que las mujeres tengamos lo que realmente nos corresponde", sentenciou Pastor.
Relacionadas:
-
Rafa Domínguez, reelixido presidente do PP local, pide "unha Pontevedra aberta á ría" arroupado por Feijóo, Rueda e Rajoy
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
O PP de Pontevedra contará con catro grupos de traballo independentes
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez ficha á doutora Raquel Martínez e á empresaria Silvia Crespo
Por Redacción |
-
Raimundo González critica a "oposición virulenta e enfermiza" do PP local ao modelo de compostaxe de Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Rafa Domínguez formaliza a súa candidatura para renovar o seu liderado no PP de Pontevedra
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez sinala que o congreso do PP será "tremendamente beneficioso" para a hostalería da cidade
Por Oskar Viéitez |