Obter éxito empresarial en Internet, obxectivo do congreso "Unirede"
Por Redacción
Este venres 22 e sábado 23 desenvolverase o congreso "Unirede" no Pazo da Cultura, un evento dedicado ás Redes Sociais e á comunicación corporativa a través de Internet organizado pola Concellaría de Promoción Económica e o Foro Galego de la Web 2.0.
Na presentación José Manuel García, xornalista da Radio Galega e membro do Foro Galego, explicou que a primeira xornada se destina a un público máis profesional para o que se tratarán as opcións de formular proxectos empresariais de éxito baseados na mercadotecnia online. Na xornada do sábado, as intervencións estará abertas a todo tipo de afeccionados coa intención de que se coñezan as diferentes actividades que se realizan na rede.
Entre os relatores destaca Juanma Romero, director adxunto de Los Desayunos de TVE e director e presentador do programa Emprende del Canal 24 horas; Javier Sanz, autor do mellor blog cultural de 2012 ou Alfredo Vela, o tuitero máis activo de España.
O cociñeiro Pepe Solla ou os responsables do "Proyecto: 5 euros al día" serán algúns dos participantes que explicarán as súas experiencias empresariais.
Ademais, a Concellaría de Turismo de Pontevedra expoñerá a promoción que se realiza da cidade a través das redes sociais coa utilización da imaxe do loro Ravachol como símbolo de Pontevedra.
A concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, indicou que Pontevedra apostou por feiras medias e, con 15 congresos anuais, é unha das cidades que máis eventos deste tipo leva realizados en Galicia.
Este congreso conta cun presuposto de 3.000 euros e desenvólvese no Pazo da Cultura con entrada libre.