Comezan as obras na pista polideportiva do Colexio de Nantes
Por Redacción
As obras de peche e construción de aseos na pista polideportiva do Colexio de Nantes comezaron esta semana cos traballos previos e o valado da zona para así evitar o acceso dos alumnos ao recinto.
A obra consiste en dotar de aseos, dun almacén para equipamento deportivo, cerramento e carpintería exterior á pista polideportiva cuberta executada nunha primeira fase.
O cerramento exterior será a base de paneis prefabricados de formigón macizos, acabado en cor gris lisa de molde para pintar pola cara exterior e gris con regrado manual, mentres que a carpintería exterior realizarase con aluminio anodizado en cor e contempla 15 xanelas (5 de corredera) e un total de 14 portas para baños, entradas e almacén.
Dentro do proxecto tamén están recollidos un módulo de aseos a base de muretes de bloques de formigón, en cor gris para revestir e laxa prefabricada alveolar, ademais dunha dotación eléctrica e de iluminación a base de proxectores LED de última xeración a toda a instalación.
En canto ao exterior da edificación, contemplan a urbanización cun firme perimetral de saburra artificial compactada e dunha beirarrúa de formigón armado con acabado raiado, pola fachada de acceso ao pavillón. Tamén instalarán unha rede de recollida de augas pluviais e unha canalización para augas residuais.
Esta actuación terán o seu punto e final coa instalación dun pavimento deportivo de alta resistencia, nunha superficie de 1.152 metros cadrados, así como a marcaxe e pintado de campos regulamentarios de fútbol sala e de baloncesto.
O alcalde Telmo Martín, e a concelleira de Planificación Territorial, María Deza, supervisaron o inicio desta actuación que foi adxudicada por case 250.000 euros á empresa Castro Figueiro.
Martín e Deza agradeceron "a colaboración veciñal para que este proxecto sexa unha realidade" xa que a pista construíuse sobre unha parcela de terreo comunal que foi cedida á administración local para a execución do pavillón, un equipamento moi demandado pola comunidade educativa de Nantes.
Relacionadas:
-
O PSOE de Sanxenxo mostra a súa desconformidade co resultado da reforma do pavillón do colexio de Nantes
Por Redacción |
-
As aulas de Sanxenxo ábrense para recibir 2.084 escolares
Por Redacción |
-
As obras da senda peonil O Vinquiño-Contumil concluirán en dúas semanas
Por Redacción |
-
Sae a licitación por 250.000 euros o peche e instalación de baños da pista polideportiva de Nantes
Por Redacción |