A presentación do novo disco de Coribantes enche a praza de España
Por Redacción
O concerto presentación do terceiro disco dos Coribantes de Buchabade resultou na noite deste venres todo un éxito de participación e a praza de España encheuse de espectadores, que ocuparon todas as cadeiras dispoñibles e varias decenas mesmo tiveron que quedar de pé.
O concerto desenvolveuse arredor da fonte luminosa da Praza de España e contou con numerosas actuacións de baile coas que os Coribantes interpretaron todas as pezas do seu último disco, A Ponte da Música.
Os protagonistas da noite estiveron acompañados de persoeiros do mundo da música e da cultura galega, como Sheyla Patricia, David Cabaleiro (A Roda); As Maianas, Samuel Soto (Son de Seu); o rapeiro Alberto Freaza; o gaiteiro e solista Isidro Vidal; o cantante Cristian Amoedo e o cantautor Bernardo Xosé, entre outros.
Os Coribantes son o grupo de música máis internacional de Ponte Caldelas e este venres fixeron un repaso a todos os temas propios e música tradicional que recollen neste terceiro traballo.
Neste novo traballo varias pezas nas que Ponte Caldelas é protagonista, como a adicada ó Pinjante medieval atopado fai catro anos nos montes de Caldelas.