A que se debe a falta de interese da cidadanía polos bosques?
Por Redacción
Nun contexto marcado polo despoboamento do rural e a concentración da poboación nas contornas urbanas, os bosques sofren "a falta de interese da cidadanía". Esta idea constitúe o punto de partida de MeetYourForest, un proxecto financiado polo programa comunitario Erasmus+, no que participa a Escola de Enxeñaría Forestal.
O proxecto ten como obxectivo aumentar o grao de coñecemento da cidadanía respecto das "boas prácticas de manexo e coidado dos bosques".
No proxecto participan, ademais da Universidade de Vigo, investigadores de Noruega e Finlandia e céntrase no desenvolvemento de materiais divulgativos que contribúan a "crear unha poboación consciente" do valor económico, social e ambiental dos bosques.
O director da Escola de Enxeñaría Forestal, Juan Picos, incidiu en que "é importante que os cidadáns descubran novos usos do bosque máis aló dos tradicionais, usos que amosen que o bosque é unha fonte actual de beneficios, sexan económicos ou ambientais e de ocio".
O propósito de MeetYourForest é nese senso pór en valor o monte como un "potencial subministrador de recursos" non unicamente de tipo material, senón tamén relacionados cos servizos, en ámbitos como o turismo ou o ocio e o tempo libre, perspectiva que o converten tamén nun potencial creador de novos empregos.
Relacionadas:
-
Forestais lidera un proxecto para identificar zonas clave na prevención dos grandes incendios
Por Oskar Viéitez |
-
Juan Picos seguirá como director en funcións na Escola de Enxeñería Forestal do campus
Por Redacción |
-
Impulsan un proxecto para coñecer e preservar os usos ancestrais das plantas tradicionais de Marín
Por Redacción |
-
Esgotadas en media hora as prazas para visitar a illa de Tambo
Por Redacción |
-
Os bosques terapéuticos regresan en xuño con 38 roteiros
Por Redacción |