Os conflitos de interese na sanidade pública, a debate no Pazo da Cultura
Por Diego Espiño
"Analizar a corrupción e os conflitos de interese na saúde, a medicina e o ensino das ciencias da saúde co propósito de estudar alternativas de independencia e transparencia". Con estas palabras promóvense as xornadas que se desenvolverán no Pazo da Cultura de Pontevedra os días 22 e 23 de novembro.
O congreso, organizado pola plataforma Non Grazas, Farmacríticos e a Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública, busca unha maior participación cidadá e dos pacientes na sanidade pública e tamén repasará os últimos recortes no sector, segundo recoñeceu Carlos Ponte, representante de Non Grazas.
O doutor Ponte, que se reuniu este xoves co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, considera que "los conflictos de interés son la base sobre los que se asienta la corrupción".
Segundo o seu parecer, a actual situación, con privatizacións de servizos en hospitais públicos desembocou en casos nos que "el afán de obtener beneficios está claramente por encima del interés del paciente".
As xornadas debaterán ademais sobre o uso abusivo de medicamentos e a influencia das grandes compañías farmacéuticas, unha situación que o representate de Non Grazas valorou en cifras, asegurando na presentación do congreso que "en España hay cerca de 10.000 medicamentos diferentes cuando pensamos que con 500 sería más que suficiente".
Sen querer elevar a voz de alarma o doutor defendeu que esta situación produce unha situación de inseguridade con algúns medicamentos que fixo que se incrementen os falecementos relacionados co uso inadecuado de fármacos.
Consulta aquí o programa completo das xornadas.