Intenta roubar unha furgoneta, métese nunha pelexa e el e o seu amigo acaban detidos por pegar á Policía
Por Redacción
A Policía Nacional detivo dous veciños de Vilaboa de 21 e 33 anos, ambos con antecedentes policiais, por presuntamente insultar, ameazar e agredir a varios axentes que acudiron para despexar unha regueifa entre a avenida de Vigo e a rúa Peregrina. Un deles, ademais, foi arrestado por intentar roubar nunha furgoneta de reparto de prensa.
Todo ocorreu sobre as 4.20 horas da madrugada do 20 de novembro. Un particular chamou á Comisaría relatando que se estaba producindo unha agresión na ponte da avenida de Vigo, no punto no que conflúen esta rúa e Peregrina. Cando chegaron as patrullas policiais, observaron a catro persoas gritando e empuxándose mutuamente.
Os axentes quixeron identificar aos implicados na liorta e, nese momento, un deles, o máis alterado, encarouse con eles de forma agresiva, chegando a propinarlle unha patada nunha man a un dos axentes mentres gritaba ameazas continuas.
Ao ver a actitude do seu amigo, outro dos individuos deu mostras dun elevado estado de excitación e agresividade e encarouse tamén cos axentes. Proferiu insultos e chegou ata a propinarlle un puñetazo a outro axente tras abalanzarse sobre el.
Un dos arrestados intentou robar unha furgoneta de reparto e, cando o sorprenderon, se iniciou unha liorta
Por estes feitos, os axentes tiveron que ser atendidos nun centro hospitalario e os dous individuos, detidos e trasladados á Comisaría. Durante o traslado, un continuou proferindo ameazas e insultos mentres golpeaba a mampara do vehículo policial.
Os axentes entrevistáronse coa persoa que chamara á centraliña instantes antes e pescudaron que un destes individuos tratara de substraerlle o vehículo co que nese momento levaba a cabo o reparto da prensa.
O repartidor deixouno coas chaves postas e, cando volveu, atopou a un individuo dentro. Forcexaron e logrou sacalo, pero este incidente desencadeou unha liorta posterior, que foi á que acudiron os axentes.
Os dous individuos foron detidos por un delito de atentado a axente da autoridade e un deles pola tentativa do roubo con forza do vehículo de reparto. Unha vez en dependencias policiais, e tras prestar declaración, os detidos foron postos a disposición xudicial.