'Lazos de agarimo' que irán de Tomeza a Nicaragua e Filipinas
Por Redacción
A gala solidaria anual 'Lazos de Agarimo' para recadar fondos para as iniciativas solidarias do misioneiro pai Rodolfo regresará este sábado tras o parón da pandemia da covid-19. A súa organizadora, a pontevedresa Loli Beloso, promoveu unha nova edición que se celebrará este sábado 11 de xuño no centro social de Lusquiños, en Tomeza.
A gala comezará ás 18.30 horas e busca recadar fondos que irán destinados integramente a axudar aos nenos de Nicaragua e a Illa dos Negros de Filipinas.
A gala chega á súa cuarta edición e contará coa intervención do pai Rodolfo, do xornalista e debuxante Siro López, da poeta Marica Campo e da escritora Loli Beloso.
Presentada por María Diaz, esta gala tamén terá unha vertente musical coa actuación do Dúo Aser e o Orfeón Puntis Veteris Musicalis e outra poética, cun recital de Carlota Chan Reguera, Isabel Baena Serantes e Simón Durán Serantes.
A cita tamén conta coa colaboración de Irene Silva e incluirá a presentación do novo libro de Loli Beloso, Kalipays de Galicia: Para os nenos e nenas de Anna Balcells en Filipinas, que se achega á realidade da fundación Kalipay Negrense Foundation, que traballa polas causas dos nenos desfavorecidos na rexión de Negros Occidental, ao sur de Filipinas.
O libro ten ilustracións de Siro López e todos os fondos recadados da súa venda tamén se destinarán a iniciativas solidarias de Filipinas e Nicaragua.
Relacionadas:
-
A Festa da Investigación de Tomeza celebra a súa sétima edición en beneficio da Fundación de Medicina Xenómica
Por Natalia Puga |
-
Festa solidaria en Tomeza en favor da Fundación de Medicina Xenómica
Por Redacción |
-
Un colgante Kalipay para enviar solidariedade pontevedresa a Filipinas
Por Redacción |
-
'Lazos de agarimo' desde Tomeza para axudar na educación dos nenos máis desfavorecidos de Nicaragua
Por Natalia Puga |