Os esforzos dos servizos de emerxencia non logran evitar o falecemento dunha muller na praia de Lourido
Por Redacción
Unha muller, veciña de Pontevedra, faleceu este sábado na praia de Lourido mentres gozaba dunha asollada xornada de praia xunto a unha amiga.
Segundo informa a Policía Local de Poio a muller, de 64 anos, sufriu o que parecía un infarto entrando en parada cardiorrespitoria.
Dúas persoas que se atopaban na praia tentaron reanimala ata a chegada dos profesionais de emerxencias, chegándose a mobilizar o helicóptero do 112 para trasladala a un centro hospitalario.
Con todo nada puideron facer por salvarlle a vida.
O suceso tivo lugar ao redor das 15.40 horas deste sábado, certificando os médicos o seu falecementos ás 16.05 horas.