Décimo falecemento en xuño dun paciente positivo por coronavirus na área sanitaria

Por Diego Espiño
O mes de xuño pecha na área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés cun novo falecemento dun paciente con positivo activo en covid.
Así o confirmou este xoves o Servizo Galego de Saúde. É a décima morte por coronavirus do mes na área pontevedresa, elevando a 301 a cifra total de vítimas desde o inicio da pandemia.
Trátase dunha muller de 98 anos que presentaba un cadro patolóxico previo á infección.
Ademais as estatísticas oficiais sinalan que actualmente son 77 os pacientes con covid que precisan atención hospitalaria, todos eles atópanse ingresados en planta repartidos entre o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (67), o Hospital do Salnés (9) e o Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez (1).
No que respecta a os casos activos, o Sergas realiza seguimento ao 30 de xuño a un total de 1.513 persoas infectadas na comarca.
Relacionadas:
-
A área de Pontevedra ten 99 hospitalizados con Covid e suma un novo falecido
Por Redacción |
-
Pontevedra e O Salnés chega á cifra de 300 falecementos de pacientes con positivo activo en covid
Por Diego Espiño |
-
Dous novos falecementos de pacientes con covid sitúan en 299 o número de vítimas na área sanitaria
Por Redacción |
-
Un home de 96 anos, sexto falecido con covid-19 en xuño e vítima 297 da pandemia na área sanitaria
Por Natalia Puga |